Amosando publicacións coa etiqueta Cuarto de Ed. Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cuarto de Ed. Primaria. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de xuño de 2020

Actividades do 8 ao 19 de Xuño para 3º e 4º de Ed. Primaria: 250 Aniversario de Beethoven

Ola a tod@s!

Non podemos despedir este curso sen lebrar que este ano 2020 está adicado ao compositor L. V. Beethoven, xa que se celebra o 250 Aniversario do seu nacemento en 1770 en Bonn (Alemania).
Deíxovos este mural interactivo no que poderedes saber algo máis da súa vida e a súa música.

Se vos movedes polo mural, veredes que os diferentes elementos interactivos iranvos proporcionando información: 

- Se premedes nos botóns grises, abriranse vídeos con información sobre o compositor.
- Premendo nos botóns vermellos escoitaredes obras de Beethoven.
- Os botóns azuis son vídeos coas actividades que podedes facer seguindo as indicacións.








Para rematar, déixovos este QUIZZ con preguntas sobre Beethoven para comprobar o que aprendíchedes.




Agardo que vos gustara.
Bicos e apertas!!💚💚

domingo, 24 de maio de 2020

Actividades do 25 de Maio ao 5 de Xuño para 3º e 4º de E.P.: Pedro e o Lobo

Ola, rapaces!! Estas dúas semanas adicarémolas a repasar os instrumentos coa obra "Pedro e o lobo" de Serguèi Prokòfiev.
Sergei Prokofiev foi un compositor ruso que, entre outras moitas obras, compuxo este conto musicado no que narra a historia de Pedro, un neno que vive co seu avó.
No conto hai varios personaxes, e cada un deles está representado por un instrumento da orquestra sinfónica.

Adiante, comezade vendo e escoitando este fermoso conto musical:




Bonito, verdade? É un conto musicado maravilloso.

A continuación podedes ver cada un dos instrumentos e escoitar a melodía de cada personaxe:






Para finalizar, déixovos un xogo: un quiz puzle que soamente conseguiredes completar se adiviñades todas as preguntas. Se estívechedes atentos ao conto musicado, seguro que acertades todas á primeira. Adiante!









Agardo que vos gustara!
Bicos e apertas!!💛💛

venres, 8 de maio de 2020

ACTIVIDADES DO 11 AO 22 DE MAIO PARA 3º E 4º DE E.P.: A ILLA DO TESOURO

Ola a tod@s!! Espero que esteades ben! Esta quincena déixovos un xogo: A Illa do Tesouro. Nel faredes un emocionante percorrido nun galeón pirata. Para conseguir o preciado tesouro teredes que realizar as catro propostas, todas de repaso e divertidas.





AGARDO QUE TEÑADES UNHA BOA VIAXE, GRUMETES!! 😉



xoves, 7 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - RICARDO CARVALHO CALERO: PREGUNTOIRO MUSICAL



 O VINDEIRO 17 DE MAIO FESTEXAREMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ESTE ANO ADICADO AO ESCRITOR RICARDO CARVALHO CALERO.
QUE VOS PARECE SE FACEMOS UN REPASO POLA SÚA VIDA CUN PREGUNTORIO MUSICAL? A VER CANTAS PREGUNTAS SABEDES RESPOSTAR!





BICOS E APERTAS 💚💚

luns, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES DO 27 DE ABRIL AO 8 DE MAIO PARA 3º E 4º DE PRIMARIA: OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN E OS INSTRUMENTOS DE CORDA

Ola a tod@s! Imos lembrar que eran os instrumentos de percusión e os instrumentos de corda cunhas actividades moi divertidas.


1.- Para comezar, déixovos estas actividades online:

- Premede primeiro no icono do play para escoitar o vídeo. - A continuación, premendo na frecha, atoparedes xogos para repasar o que aprendíchedes no vídeo.












2.- A continuación, tedes este puzle online dun violín. Ide colocando as pezas ata conseguir formar o instrumento completo.




Agardo que vos gusten estas actividades.

* Lémbrovos que tedes un baile colgado neste blogue da canción "Vivir" de Estopa e Rozalén. Repasádeo de cando en vez, vale?

Para calquera dúbida, lémbrovos o meu mail:

nuriasga@gmail.com


Bicos e apertas!! 💚💚






martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES DO 14 AO 24 DE ABRIL PARA 3º E 4º DE PRIMARIA: AS NOTAS E AS FIGURAS MUSICAIS

Ola a tod@s! Imos repasar as notas e as figuras musicais. A continuación indicareivos a orde que deberedes seguir para que vos resulte máis sinxelo facer as fichas que vos envío ao final:

1.- Para comezar, escoitade o que se explica nos seguintes vídeos:












2.- Seguidamente, unhas actividades online interactivas. Explorade sobre os iconos e descubriredes cancións, explicacións e xogos.









3.- Por último, mándovos estas fichas para descargar con exercicios sobre o aprendido.

          DESCARGAR


Para calquera dúbida, lémbrovos o meu mail:

nuriasga@gmail.com


Bicos e apertas!! 💚💚

sábado, 28 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA @S NEN@S DE 1º, 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA (SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL): "INSTRUMENTOS MUSICAIS CASEIROS" E ACTIVIDADES ONLINE DE REPASO



Ola rapaces!! Comezamos esta semana cunha proposta moooi divertida. Intentaremos construir algún instrumento musical “caseiro”.

Así que preparádevos porque é unha proposta PARA @S NEN@S DE 1º, 2º, 3º e 4º DE PRIMARIA (@s nen@s de Infantil estades invitad@s, por suposto!).

Seguramente teredes por casa material de refugallo que nestes días vaise xerando: caixas de galletas, envases de iogur, caixas de queixiños, chapas de botellíns de vidro…

Pois, con estes materiais, anímovos a construír un
 INSTRUMENTO MUSICAL CASEIRO 😉👍. 

Aquí vos deixo unas cantas ideas para construir instrumentos sinxelos de percusión, pero serán máis que benvidas todas as vosas propostas.


1.- MARACAS CON ENVASES DE BEBIBLES

Fonte: ARTES UNCOMO




2.- MARACAS CON CÁPSULA DE "OVO KINDER" E CULLERES DE PLÁSTICO


Fonte: PINTEREST

3.- CASTAÑOLAS CON CARTÓN E CHAPAS DE BOTELLAS DE VIDRO

Fonte: PINTEREST

Fonte: PINTEREST

4.- TAMBOR DE BOLAS CON CARTÓN


Fonte: KROKOTAC.COM


5.- TAMBOR DE BOLAS CON CAIXA DE QUEIXIÑOS



Fonte: CLUBPEQUESLECTORES.COM

Estas son algunhas ideas... podedes inventarvos outros ou buscar na rede😉!!


*Se queredes ensinarme o que estades facendo, en foto ou vídeo, podédesmo mandar ao seguinte mail

nuriasga@gmail.com

Estarei encantada de ver as vosas creacións!😃
……………………………………...…………………………………...


Deíxovos, a continuación, un par de actividades online para lembrar o aprendido na clase:


PARA 1º E 2º DE PRIMARIA:







PARA 3º E 4º DE PRIMARIA:








BICOS E APERTAS!!!💚💚

domingo, 22 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO: "VIVIR" (ESTOPA E ROZALÉN) E ACTIVIDADES ONLINE

ESTA É A PROPOSTA QUE VOS FAGO ESTA SEMANA!


PARA TOD@S @S NEN@S DO COLE:
Canción "Vivir" e baile

 IMOS APRENDER A LETRA DESTA CANCIÓN TAN ANIMOSA DE ESTOPA E ROZALÉN E PRACTICAR O BAILE.


ÁNIMO, CAMPEONAS E CAMPEÓNS! 
POÑEDE A BAILAR Á FAMILIA NA CASA SE QUEREN!
CANDO VOLTEMOS Á ESCOLA, BAILÁMOLA XUNTOS!!




Ademáis, imos repasar o aprendido nos meses anteriores xogando, a través desta web tan divertida. Para esta semana propóñovos:


* Para 1º e 2º de Educación Primaria:




* Para 3º e 4º de Educación Primaria:





* Para 5º e 6º de Educación Primaria:





BICOS E APERTAS!!!💚