sábado, 6 de xuño de 2020

Actividades do 8 ao 19 de Xuño para 3º e 4º de Ed. Primaria: 250 Aniversario de Beethoven

Ola a tod@s!

Non podemos despedir este curso sen lebrar que este ano 2020 está adicado ao compositor L. V. Beethoven, xa que se celebra o 250 Aniversario do seu nacemento en 1770 en Bonn (Alemania).
Deíxovos este mural interactivo no que poderedes saber algo máis da súa vida e a súa música.

Se vos movedes polo mural, veredes que os diferentes elementos interactivos iranvos proporcionando información: 

- Se premedes nos botóns grises, abriranse vídeos con información sobre o compositor.
- Premendo nos botóns vermellos escoitaredes obras de Beethoven.
- Os botóns azuis son vídeos coas actividades que podedes facer seguindo as indicacións.








Para rematar, déixovos este QUIZZ con preguntas sobre Beethoven para comprobar o que aprendíchedes.




Agardo que vos gustara.
Bicos e apertas!!💚💚

Ningún comentario:

Publicar un comentario