Amosando publicacións coa etiqueta Quinto de Ed. Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Quinto de Ed. Primaria. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de xuño de 2020

Actividades do 8 ao 19 de Xuño de 2020 para 5º e 6º de Ed. Primaria: 250 Aniversario de Beethoven

Ola a tod@s!

Non podemos despedir este curso sen lebrar que este ano 2020 está adicado ao compositor L. V. Beethoven, xa que se celebra o 250 Aniversario do seu nacemento en 1770 en Bonn (Alemania).
Deíxovos este mural interactivo no que poderedes saber algo máis da súa vida e a súa música.

Se vos movedes polo mural, veredes que os diferentes elementos interactivos iranvos proporcionando información: 

- Se premedes nos botóns grises, abriranse vídeos con información sobre o compositor.
- Premendo nos botóns vermellos escoitaredes obras de Beethoven.
- Os botóns azuis son vídeos coas actividades moi sinxelas que podedes facer seguindo as indicacións.










Para rematar, déixovos este VÍDEO QUIZZ con preguntas sobre Beethoven para comprobar o que aprendíchedes.





Agardo que vos gustara.
Bicos e apertas!!💚💚

domingo, 24 de maio de 2020

Actividades do 25 de Maio ao 5 de Xuño para 5º e 6º de E.P.: A orquestra sinfónica

Ola, chic@s! Imos repasar os instrumentos da Orquestra Sinfónica.
Para comezar, invítovos a escoitar este vídeo do youtuber Jaime Altozano no que explica o que é unha Orquestra Sinfónica.




Seguidamente, podedes realizar as seguintes actividades:


1.- Localiza cada instrumento da orquestra. Fíxate ben en que lugar están colocados.



2.- Xogo interesantísimo de Cultura Musical de aprendomusica.com. Primeiro premede en Aprender para despois poder contestar ás preguntas do xogo.




Agardo que vos gustara!
Bicos e apertas!!💛💛


venres, 8 de maio de 2020

ACTIVIDADES DO 11 AO 22 DE MAIO PARA 5º E 6º DE E.P.: A ILLA DO TESOURO

Ola a tod@s!! Espero que esteades ben! Esta quincena déixovos un xogo: A Illa do Tesouro. Nel faredes un emocionante percorrido nun galeón pirata. Para conseguir o preciado tesouro teredes que realizar as catro propostas, todas de repaso e divertidas.





AGARDO QUE TEÑADES UNHA BOA VIAXE, GRUMETES!! 😉





xoves, 7 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - RICARDO CARVALHO CALERO: PREGUNTOIRO MUSICAL



 O VINDEIRO 17 DE MAIO FESTEXAREMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ESTE ANO ADICADO AO ESCRITOR RICARDO CARVALHO CALERO.
QUE VOS PARECE SE FACEMOS UN REPASO POLA SÚA VIDA CUN PREGUNTORIO MUSICAL? A VER CANTAS PREGUNTAS SABEDES RESPOSTAR!





BICOS E APERTAS 💚💚

luns, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES DO 27 DE ABRIL AO 8 DE MAIO PARA 5º E 6º DE PRIMARIA: OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN, OS INSTRUMENTOS DE CORDA E OS INSTRUMENTOS DE VENTO

Ola a tod@s! Imos lembrar que eran os instrumentos de percusión, corda e vento cunhas actividades moi divertidas.


1.- Para comezar, déixovos estas actividades online:

- Premede primeiro no icono do play para escoitar o vídeo. - A continuación, premendo na frecha, atoparedes xogos para repasar o que aprendíchedes no vídeo.















2.- A continuación, un xogo. Veo, veo... que ves? Un instrumento musical! Adiviña cal é o instrumento que aparece citado no círculo laranxa.




Agardo que vos gusten estas actividades.

* Lémbrovos que tedes un baile colgado neste blogue da canción "Vivir" de Estopa e Rozalén. Repasádeo de cando en vez, vale?

Para calquera dúbida, lémbrovos o meu mail:

nuriasga@gmail.com


Bicos e apertas!! 💚💚

martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES DO 14 AO 24 DE ABRIL PARA 5º E 6º DE PRIMARIA: AS NOTAS E AS FIGURAS MUSICAIS

Ola a tod@s! Imos repasar as notas e as figuras musicais. A continuación indicareivos a orde que deberedes seguir para que vos resulte máis sinxelo facer as fichas que vos envío ao final:

1.- Para comezar, escoitade o que se explica nos seguintes vídeos:







2.- Seguidamente, unas actividades online interactivas. Clicade sobre as pezas do puzzle e sobre os mandos das consolas para poder facer os xogos.









3.- Por último, mándovos estas fichas para descargar con exercicios sobre o aprendido.

          DESCARGAR


Para calquera dúbida, lémbrovos o meu mail:

nuriasga@gmail.com


Bicos e apertas!! 💚💚

sábado, 28 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA @S NEN@S DE 5º E 6º DE PRIMARIA (SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL): XOGO RÍTMICO CON VASOS "CUPS" E ACTIVIDADES DE REPASO ONLINE

Bos días!!!


Esta é a miña proposta para os nen@s de 5º e 6º de Primaria. Se queredes sumarvos os máis pequenos, adiante!


Trátase dun xogo rítmico no que precisaredes habilidade, concentración, sentido do ritmo e... un vaso!

*Hai que facelo cun vaso de plástico! Non se debe facer cun vaso de vidro!

 Aquí vos deixo o esquema rítmico correspondente:





Neste enlace tedes un tutorial que vos explica como desenvolver o ritmo paso a paso:


 
Tutorial ritmo de "Cups"





Unha vez aprendido este ritmo e repetíndoo unha e outra vez, poderedes acompañar esta canción:








E aquí tedes a súa versión en español:




Agardo 
que vos guste!! 




*Se queredes  ensinarme o resultado en vídeo, podédesmo mandar ao seguinte mail


nuriasga@gmail.com
😃

………………………………………………...




Deíxovos, a continuación, un par de actividades online para lembrar o aprendido na clase:





















Bicos a apertas!!💚

domingo, 22 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO: "VIVIR" (ESTOPA E ROZALÉN) E ACTIVIDADES ONLINE

ESTA É A PROPOSTA QUE VOS FAGO ESTA SEMANA!


PARA TOD@S @S NEN@S DO COLE:
Canción "Vivir" e baile

 IMOS APRENDER A LETRA DESTA CANCIÓN TAN ANIMOSA DE ESTOPA E ROZALÉN E PRACTICAR O BAILE.


ÁNIMO, CAMPEONAS E CAMPEÓNS! 
POÑEDE A BAILAR Á FAMILIA NA CASA SE QUEREN!
CANDO VOLTEMOS Á ESCOLA, BAILÁMOLA XUNTOS!!




Ademáis, imos repasar o aprendido nos meses anteriores xogando, a través desta web tan divertida. Para esta semana propóñovos:


* Para 1º e 2º de Educación Primaria:




* Para 3º e 4º de Educación Primaria:





* Para 5º e 6º de Educación Primaria:





BICOS E APERTAS!!!💚