Ola rapaces!! Comezamos esta semana cunha proposta moooi divertida. Intentaremos construir algún instrumento musical “caseiro”.
Así que preparádevos porque é unha proposta PARA @S NEN@S DE 1º, 2º, 3º e 4º DE PRIMARIA (@s nen@s de Infantil estades invitad@s, por suposto!).
Seguramente teredes por casa material de refugallo que nestes días vaise xerando: caixas de galletas, envases de iogur, caixas de queixiños, chapas de botellíns de vidro…
Pois, con estes materiais, anímovos a construír un
INSTRUMENTO MUSICAL CASEIRO 😉👍.
Aquí vos deixo unas cantas ideas para construir instrumentos sinxelos de percusión, pero serán máis que benvidas todas as vosas propostas.
1.- MARACAS CON ENVASES DE BEBIBLES
3.- CASTAÑOLAS CON CARTÓN E CHAPAS DE BOTELLAS DE VIDRO
Fonte: PINTEREST
4.- TAMBOR DE BOLAS CON CARTÓN
Fonte: KROKOTAC.COM
5.- TAMBOR DE BOLAS CON CAIXA DE QUEIXIÑOS
Fonte: CLUBPEQUESLECTORES.COM
Estas son algunhas ideas... podedes inventarvos outros ou buscar na rede😉!!
*Se queredes ensinarme o que estades facendo, en foto ou vídeo, podédesmo mandar ao seguinte mail:
nuriasga@gmail.com
Estarei encantada de ver as vosas creacións!😃
……………………………………...…………………………………...
Deíxovos, a continuación, un par de actividades online para lembrar o aprendido na clase:
PARA 1º E 2º DE PRIMARIA:
PARA 3º E 4º DE PRIMARIA:
BICOS E APERTAS!!!💚💚
Ningún comentario:
Publicar un comentario