sábado, 28 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA @S NEN@S DE 1º, 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA (SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL): "INSTRUMENTOS MUSICAIS CASEIROS" E ACTIVIDADES ONLINE DE REPASO



Ola rapaces!! Comezamos esta semana cunha proposta moooi divertida. Intentaremos construir algún instrumento musical “caseiro”.

Así que preparádevos porque é unha proposta PARA @S NEN@S DE 1º, 2º, 3º e 4º DE PRIMARIA (@s nen@s de Infantil estades invitad@s, por suposto!).

Seguramente teredes por casa material de refugallo que nestes días vaise xerando: caixas de galletas, envases de iogur, caixas de queixiños, chapas de botellíns de vidro…

Pois, con estes materiais, anímovos a construír un
 INSTRUMENTO MUSICAL CASEIRO 😉👍. 

Aquí vos deixo unas cantas ideas para construir instrumentos sinxelos de percusión, pero serán máis que benvidas todas as vosas propostas.


1.- MARACAS CON ENVASES DE BEBIBLES

Fonte: ARTES UNCOMO




2.- MARACAS CON CÁPSULA DE "OVO KINDER" E CULLERES DE PLÁSTICO


Fonte: PINTEREST

3.- CASTAÑOLAS CON CARTÓN E CHAPAS DE BOTELLAS DE VIDRO

Fonte: PINTEREST

Fonte: PINTEREST

4.- TAMBOR DE BOLAS CON CARTÓN


Fonte: KROKOTAC.COM


5.- TAMBOR DE BOLAS CON CAIXA DE QUEIXIÑOS



Fonte: CLUBPEQUESLECTORES.COM

Estas son algunhas ideas... podedes inventarvos outros ou buscar na rede😉!!


*Se queredes ensinarme o que estades facendo, en foto ou vídeo, podédesmo mandar ao seguinte mail

nuriasga@gmail.com

Estarei encantada de ver as vosas creacións!😃
……………………………………...…………………………………...


Deíxovos, a continuación, un par de actividades online para lembrar o aprendido na clase:


PARA 1º E 2º DE PRIMARIA:







PARA 3º E 4º DE PRIMARIA:








BICOS E APERTAS!!!💚💚

PROPOSTA PARA @S NEN@S DE 5º E 6º DE PRIMARIA (SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL): XOGO RÍTMICO CON VASOS "CUPS" E ACTIVIDADES DE REPASO ONLINE

Bos días!!!


Esta é a miña proposta para os nen@s de 5º e 6º de Primaria. Se queredes sumarvos os máis pequenos, adiante!


Trátase dun xogo rítmico no que precisaredes habilidade, concentración, sentido do ritmo e... un vaso!

*Hai que facelo cun vaso de plástico! Non se debe facer cun vaso de vidro!

 Aquí vos deixo o esquema rítmico correspondente:





Neste enlace tedes un tutorial que vos explica como desenvolver o ritmo paso a paso:


 
Tutorial ritmo de "Cups"





Unha vez aprendido este ritmo e repetíndoo unha e outra vez, poderedes acompañar esta canción:








E aquí tedes a súa versión en español:




Agardo 
que vos guste!! 




*Se queredes  ensinarme o resultado en vídeo, podédesmo mandar ao seguinte mail


nuriasga@gmail.com
😃

………………………………………………...




Deíxovos, a continuación, un par de actividades online para lembrar o aprendido na clase:





















Bicos a apertas!!💚

domingo, 22 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO: "VIVIR" (ESTOPA E ROZALÉN) E ACTIVIDADES ONLINE

ESTA É A PROPOSTA QUE VOS FAGO ESTA SEMANA!


PARA TOD@S @S NEN@S DO COLE:
Canción "Vivir" e baile

 IMOS APRENDER A LETRA DESTA CANCIÓN TAN ANIMOSA DE ESTOPA E ROZALÉN E PRACTICAR O BAILE.


ÁNIMO, CAMPEONAS E CAMPEÓNS! 
POÑEDE A BAILAR Á FAMILIA NA CASA SE QUEREN!
CANDO VOLTEMOS Á ESCOLA, BAILÁMOLA XUNTOS!!




Ademáis, imos repasar o aprendido nos meses anteriores xogando, a través desta web tan divertida. Para esta semana propóñovos:


* Para 1º e 2º de Educación Primaria:




* Para 3º e 4º de Educación Primaria:





* Para 5º e 6º de Educación Primaria:





BICOS E APERTAS!!!💚

TODO VAI SAÍR BEN. EU QUEDO NA CASA.


STAY HOME... QUEDA NA CASA


A PRIMAVERA (ANTONIO VIVALDI)



OLA, CHIC@S! Nestes días que temos que estar na casa, imos botar man da música que tanto nos axuda.

Para comezar, damos a benvida á Primavera escoitando A Primavera da obra musical "As catro estacións" do compositor italiano A. Vivaldi.

Para facelo, clicade no enlace.


MOITO ÁNIMO A TOD@S!!



sábado, 21 de marzo de 2020

GIRASOLES (Rozalén)

Para festexar o Día da Paz, preparamos un baile coa canción "Girasoles" de Rozalén nas clases de Música e Educación Física.




Zumba!!


TRABALLAMOS XOGANDO, APRENDEMOS DIVERTÍNDONOS

DURANTE AS CLASES FACEMOS MOITAS ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN CORPORAL E MUSICAL.  AQUÍ TEDES ALGÚNS VÍDEOS DESTE CURSO 2019/2020.





"Chea de vida" (Guadi Galego)


Para solidarizarnos e contribuír no Día pola Non Violencia de Xénero, traballamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego axudándonos da Linguaxe de Signos.







CURSO 2019/2020

Ola a tod@s! Estreamos blogue para que poidades acceder a recursos de Educación Musical dende o San Luís Romero.

Arrincamos!!