luns, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES DO 27 DE ABRIL AO 8 DE MAIO PARA 3º E 4º DE PRIMARIA: OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN E OS INSTRUMENTOS DE CORDA

Ola a tod@s! Imos lembrar que eran os instrumentos de percusión e os instrumentos de corda cunhas actividades moi divertidas.


1.- Para comezar, déixovos estas actividades online:

- Premede primeiro no icono do play para escoitar o vídeo. - A continuación, premendo na frecha, atoparedes xogos para repasar o que aprendíchedes no vídeo.












2.- A continuación, tedes este puzle online dun violín. Ide colocando as pezas ata conseguir formar o instrumento completo.




Agardo que vos gusten estas actividades.

* Lémbrovos que tedes un baile colgado neste blogue da canción "Vivir" de Estopa e Rozalén. Repasádeo de cando en vez, vale?

Para calquera dúbida, lémbrovos o meu mail:

nuriasga@gmail.com


Bicos e apertas!! 💚💚






Ningún comentario:

Publicar un comentario