Ola a tod@s! Imos lembrar que eran os instrumentos de percusión, corda e vento cunhas actividades moi divertidas.
1.- Para comezar, déixovos estas actividades online:
- Premede primeiro no icono do play para escoitar o vídeo. - A continuación, premendo na frecha, atoparedes xogos para repasar o que aprendíchedes no vídeo.
2.- A continuación, un xogo. Veo, veo... que ves? Un instrumento musical! Adiviña cal é o instrumento que aparece citado no círculo laranxa.
Agardo que vos gusten estas actividades.
* Lémbrovos que tedes un baile colgado neste blogue da canción "Vivir" de Estopa e Rozalén. Repasádeo de cando en vez, vale?
Para calquera dúbida, lémbrovos o meu mail:
nuriasga@gmail.com
Bicos e apertas!! 💚💚
Ningún comentario:
Publicar un comentario