Sergei Prokofiev foi un compositor ruso que, entre outras moitas obras, compuxo este conto musicado no que narra a historia de Pedro, un neno que vive co seu avó.
No conto hai varios personaxes, e cada un deles está representado por un instrumento da orquestra sinfónica.
Adiante, comezade vendo e escoitando este fermoso conto musical ( ao rematar o conto hai algún debuxos animados musicais máis, por si os queredes ver):
Bonito, verdade? É un conto musicado maravilloso.
A continuación podedes ver cada un dos instrumentos e escoitar a melodía de cada personaxe:
Despois de ver os vídeos, podes xogar con esta actividade interactiva. Adiante! Ten xogos auditivos, puzles, crebacabezas...
Se queredes, podedes colorear, recortar e pegar nunha folla dun caderno os personaxes ao lado do instrumento que os representa.
*Preme AQUÍ para descargar a ficha*
Agardo que vos gustara!
Bicos e apertas!!💛💛
Ningún comentario:
Publicar un comentario